Volver
Concello de Santiago de Compostela Home

Pacto Local polo Emprego

Concello de Santiago, 28-02-2024.

O Concello de Santiago asinou hoxe o V Pacto Local polo Emprego con representantes da Universidade, a Cámara de Comercio, a Asociación Empresarial do Tambre, Hostelería Compostela, Hostalaría.gal, a Plataforma polo Emprego, e os sindicatos UXT e Comisións Obreiras.

Asinantes do V Pacto polo Emprego

Se queres podes descargar a infografía neste ligazón.

A firma correu a cargo de Xan Duro, concelleiro de Promoción Económica en funcións por mor da situación de baixa médica da responsable do departamento, María Rozas. O edil salientou que:

o documento aprobado hoxe é unha folla de ruta para avanzar cara o modelo produtivo e laboral que queremos, e para facelo da man e de maneira colaborativa entre todos os axentes implicados, comezando polo propio Concello

Nese sentido, Duro agradeceu o compromiso de todas as entidades asinantes

cun documento que pón o foco nos colectivos máis vulnerables e con máis dificultades para o acceso e o mantemento do emprego.

O V Pacto Local polo Emprego toma o relevo do aprobado en 2015 e que estivo vixente ata 2020,

nun contexto no que aínda non sabiamos da pandemia que había mudar os paradigmas, tamén do mercado laboral.

O documento, que está aliñado con outras estratexias como a Axenda Urbana 2030, ten como obxectivo

avanzar cara un mercado de traballo que ofreza oportunidades laborais de calidade para todos e todas, asentar as bases para implantar unha actividade económica produtiva e sostible, e impulsar políticas activas de emprego que integren os recursos públicos procedentes das diferentes administracións
.

Vídeo da sinatura

Máis información en santiagodecompostela.gal