Volver
Concello de Santiago de Compostela Home

Pacto Local polo Emprego

Liña estratéxica LE3. Transición do modelo produtivo cara a sostibilidade, o emprego e o ben común.

Orientar a economía cara á sustentabilidade, o emprego e o ben común necesita, seguir apoiando a transición á sociedade do coñecemento e dos servizos, e xerar as condicións propicias para situar a cidade como referente nos campos do emprendemento, a innovación, o desenvolvemento tecnolóxico, a nova economía urbana e a transformación dixital.

Liña estratéxica 3

OE10. Fomentar a I+D orientada a aproveitar as vantaxes da sociedade do coñecemento.

Aumentar os retornos económicos obtidos polos Centros Tecnolóxicos e Centros de Investigación, fomentando a relación e transferencia de coñecementos entre os distintos axentes do sistema ciencia-tecnoloxía-empresa.

  • Meta 50. Atraer talento, investimentos e oportunidades de negocio asociados aos ámbitos da tecnoloxía e a innovación.
  • Meta 51. Fomentar a dixitalización das empresas mediante a incorporación de novas tecnoloxías, como o Big Data ou a intelixencia artificial, logrando unha maior competitividade.
  • Meta 52. Fomentar a creación de redes e incrementar a contribución da investigación pública á innovación no sector produtivo local.
  • Meta 53. Fomentar a creación de novas empresas de base tecnolóxica.

OE11. Formar ao persoal de R.R.H.H. en novas habilidades asociadas á economía do coñecemento e a unha economía máis baseada nos servizos.

A formación continua pode orientarse cara a especialización laboral nalgún ámbito concreto, a reciclaxe profesional ou a ampliación do abano de competencias. É necesario apoiar o desenvolvemento profesional con recursos permanentes, abertos a toda a cidadanía, que permitan a adaptación aos requirimentos cambiantes do mercado de traballo, así como aos novos obxectivos profesionais das persoas.

  • Meta 54. Impulsar recursos que promovan as competencias para o emprendemento.- Meta 55. Fomentar a retención do talento local na cidade, colaborando con empresas, universidades e centros de investigación para crear programas de retención que inclúan beneficios e oportunidades de crecemento.- Meta 56. Favorecer o desenvolvemento de centros tecnolóxicos, como estruturas de apoio ao sector empresarial da cidade, promovendo a colaboración empresarial para a posta en marcha de proxectos de desenvolvemento industrial e empresarial que vaian en beneficio do interese xeral co fin de favorecer o acceso das empresas a proxectos de innovación tecnolóxica, así como a transferencia efectiva de resultados de investigación.

OE12. Orientar o investimento público cara as transformacións necesarias para posibilitar a transición cara a economía de servizos e do coñecemento.

Santiago dispón dun importante tecido produtivo nalgúns sectores tractores, que serán clave para abordar a transición ecolóxica e a transformación dixital da economía. Entre eles cabe destacar, aínda que non de forma exclusiva, a automoción, o sector madeireiro, o da saúde, o sector biotecnolóxico ou o sector TIC, entre outros.

Comprende a articulación de mecanismos que permitan dotar á industria de resiliencia para facer fronte aos novos retos existentes e contribuír a alcanzar unha mellora da súa competitividade.

  • Meta 57. Incentivar a colaboración público-privada vinculada á tecnoloxía, o emprendemento dixital e a nova economía urbana.
  • Meta 58. Proporcionar un clima de investimento favorable, prestando apoio e desenvolvendo as accións colectivas de internacionalización para grupos de empresas en colaboración coas organizacións representativas das empresas e outras entidades públicas e privadas, fomentando a cooperación empresarial.
  • Meta 59. Favorecer a participación das empresas locais en feiras e eventos internacionais de maneira que se optimicen estas actividades, tanto en termos de resultados comerciais para as empresas como de mellora da imaxe empresarial de Santiago de Compostela no exterior.

OE13. Desenvolvemento de Hubs sectoriais como estratexia de cooperación interempresarial.

  • Meta 60. Biopolo Sionlla (Hub Biotech).
  • Meta 61. Santiago Hub Tecnolóxico
  • Meta 62. Economía verde (Hub de tecnoloxía verde).
  • Meta 63. Smart City e Goberno dixital (Hub Gov-Tech).