Volver
Concello de Santiago de Compostela Home

Pacto Local polo Emprego

Liña estratéxica LE4. Rede de Axentes e Colaboración público – privada.

Fortalecer o traballo en rede e a colaboración público–privada para contribuír ao desenvolvemento dos obxectivos recollidos no Pacto Local polo Emprego.

É necesario establecer vías de colaboración, nun marco temporal continuado, con outras administracións e entidades, baseadas nunha toma de decisións compartida e coordinada entre as partes, establecendo mecanismos de control e seguimento dos obxectivos e metas expostos con vistas á mellora da súa eficacia e resultados.

OE14. Ampliar a participación do tecido cívico e das entidades representativas da economía social no desenvolvemento do Plan Local polo Emprego.

  • Meta 64. Ofrecer a posibilidade a todo tipo de entidades de iniciativa social, en especial ao movemento veciñal, de colaborar coas medidas do Plan neste ámbito, na súa divulgación, na detección de necesidades e problemáticas, na captación de persoas usuarias e proporcionando apoio social informal, entre outras.
  • Meta 65. Convidar á colaboración na rede a todas as organizacións locais que traballen con persoas menores de 30 anos: centros de ESO e FP (a través dos departamentos de orientación), asociacións xuvenís, etc. Colaborar con estes axentes intermedios para que canalicen información e recursos de carácter sociolaboral cara á xente nova.
  • Meta 66. Ofrecer a posibilidade ás asociacións representativas das cooperativas, as sociedades laborais, os centros especiais de emprego, as empresas de inserción e o sector asociativo da economía social a colaborar coas medidas do Plan neste ámbito.
  • Meta 67. Consolidar unha rede de entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro co obxectivo de evitar duplicidades, maximizar os recursos e a eficiencia das accións e proxectos.

OE15. Impulsar a coordinación, o traballo en rede e os instrumentos de xestión colaborativa.

  • Meta 68. Creación de espazos de encontro presenciais e virtuais para a cooperación entre o persoal técnico das distintas Administracións e entidades que traballan no apoio ao emprego, o autoemprego, a economía social e colaborativa e todos os ámbitos recollidos neste plan.
  • Meta 69. Habilitar un sistema integrado de rexistro de información das actividades do Plan, de uso común para todos os axentes.
  • Meta 70. Promover a coordinación entre os recursos sociolaborais integrados na rede e os dependentes da Xunta de Galicia e da Administración periférica do Estado que actúan no nivel local.

OE16. Realizar un proceso de seguimento e avaliación do plan coa participación dos axentes que incorpore sistemas de obtención e análise dos indicadores relevantes

  • Meta 71. Incorporar a avaliación da situación do mercado de traballo local a través do Observatorio Urbano de Santiago de Compostela
  • Meta 72. Establecer espazos de participación para a avaliación e o seguimento do Plan Local polo Emprego.
  • Meta 73. Establecer protocolos de coordinación nos que se identifique o papel dos diferentes axentes. Establecer os termos formais do acceso das persoas usuarias á acción combinada destas áreas.

OE17. Mellora continua das competencias do persoal técnico municipal e das entidades que forman parte da rede local polo emprego

  • Meta 74. Accións formativas e posta a disposición de manuais e guías sobre as actitudes, habilidades e competencias de carácter psico-social precisas para a intervención personalizada que caracteriza ás estratexias propostas.
  • Meta 75. Promoción da aprendizaxe cooperativa apoiándose na colaboración entre o persoal técnico municipal e das entidades.
  • Meta 76. Organizar accións formativas de tipo obradoiro, con carácter práctico e apegado á realidade do traballo. Impartidas por persoas con perfís próximos aos das persoas formadas, con experiencia concreta nese ámbito de traballo.
  • Meta 77. Realizar campañas efectivas, ben enfocadas ao público obxectivo e á situación que se pretende superar.
  • Meta 78. Formar para un uso non sexista da linguaxe e das imaxes en todos os elementos informativos e comunicativos do Plan e do departamento de emprego.